1° premio para a porra clasificada en primeira posición (menos 3 reintegros) | 50% do Bote (240,00 ![]() |
2° premio para a porra clasificada en segunda posición | 25% do Bote (129,00 ![]() |
3° premio para a porra clasificada en terceira posición | 15% do Bote (77,40 ![]() |
4° premio para a última porra clasificada | 10% do Bote (51,60 ![]() |
22 33 8 66 83 9 28 18 75 48 15 17 85 K A F L N P W E Q Y C G Z X R J M D O S B I T U H V | |
En caso de existir máis dunha porra clasificada en primeira posición repartirase o importe do 1º, 2º e 3º premio entre todas elas. O mesmo sistema se empregará si sucede o mesmo coa porra última clasificada. | |
REINTEGROS Outorgaranse 3 premios de reintegro ás persoas participantes cuxas posicións ao remate da competición coincidan cunha secuencia de 13 números escollidos ao azar (excluíndo as posicións xa premiadas). Se unha posición sorteada está baleira, pasa á seguinte ata completar os 3 gañadores. En caso de empate na puntuación, desempatarase comparando os nomes (previa selección só das letras e excluíndo as eñes) segundo unha permutación aleatoria do abecedario, letra a letra. Tanto as 13 posicións escollidas ao azar coma a secuencia do abecedario xeraranse no momento de remate do prazo de inscrición. Exemplo: - Temos 3 porras empatadas a puntos nunha mesma posición de reintegro. - O nome das porras empatadas na posición do reintegro é: "Altiño 45", "#amelia...." e "VICTOR". - Secuencia xerada aleatoriamente: TFRHBSUGMEOLZWXDPCAYQNVKIJ Solución: - Deixanse só caracteres nos nomes: "ALTIO", "AMELIA" e "VICTOR". - Compárase letra a letra coa secuencia. Na primeira iteración só quedan "ALTIO" e "AMELIA" xa que a "V" figura na secuenta despois da "A". E na segunda iteración dase por gañadora "AMELIA" xa que a "M" figura na secuencia antes da "L". |
Por cada equipo que pase a OITAVOS coa posición | 8 puntos |
Por cada equipo que pase a OITAVOS sen a posición | 6 puntos |
Por cada equipo que pase á CUARTOS | 5 puntos |
Por cada equipo que pase á SEMIFINAIS | 5 puntos |
Por cada equipo que pase á FINAL | 5 puntos |
Polo equipo CAMPIÓN | 5 puntos |
Polo XOGADOR MÁIS GOLEADOR | 10 puntos |
Polo EQUIPO MÁIS GOLEADOR | 10 puntos |
Polo EQUIPO MENOS GOLEADO | 10 puntos |
(2) A lista de xogadores de cada equipo poderá sufrir alteracións ata o día de comezo do campionato. (3) Excepcionalmente só se permitirá cambiar o máximo goleador dunha porra se o xogador cae lesionado de gravidade (lesión que impida a súa participación na competición) antes da data de remate das inscripcións. (4) A recollida dos CryptoAurelios realizarase nos puntos habituais e en caso de dúbida o porreir@ pode poñerse en contacto co administrador no email que figura nesta páxina e indicaráselle como proceder. | |
Contacto: Alfonso Paradelo E-mail: a.nosa.porra@gmail.com |